REGULAMENTO


Data: domingo, 12 de novembro de 2017.
Hora:
 a partir das 10:00 h.
Lugar:
 Negreira.
Distancia:
 de 200 m. a 10.000 m.
Organiza:
 Concello de Negreira.
Inscrición:
 ata o mércores, 08 de novembro ás 22:00 h.



PERCORRIDOS 
1ª CARREIRA (5 K.): CADETES- XUVENÍS- 
XUNIOR – SENIOR - VETERANOS DISTANCIA: 5.000 m. HORA SAÍDA: 10:00 h. HOMOLOGADA
2ª CARREIRA(10 K.)XUNIOR –PROMESA- SENIOR - VETERANOS DISTANCIA: 10.000 m. HORA SAÍDA: 10:50 h. HOMOLOGADA
3ª CARREIRA: BENXAMÍNS-ALEVÍNS-INFANTÍS DISTANCIA: 1.200 m. HORA SAÍDA: 12:05 h.
4ª CARREIRA: PREBENXAMÍNS DISTANCIA: 250 m. HORA SAÍDA: 12:30 h.
5ª CARREIRA: CHUPETES DISTANCIA: 200 m. HORA SAÍDA: 12:50 h.





REGULAMENTO 

ARTIGO 1.- PARTICIPANTES 
Poderán tomar parte nas mesmas todas as personas que queiran sexan federados ou non. A proba negreiresa está inscrita no calendario NACIONAL de carreiras en ruta.

ARTIGO 2.- INSCRICIÓN E PRAZOS
 

O prazo de inscrición de participantes na XXXVIII CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA quedará aberto dende o luns 25 de SETEMBRO ata ás 22:00 h. do mércores 08 de NOVEMBRO. A partir da citada data non se admitirán inscricións. Os corredores que desexen participar na proba, teñen a obriga de inscribirse na web www.concellodenegreira.es (soporte técnico: 886 153 589 - Email:info@emesports.es )

*IMPORTANTE:
 
Para participar na 1ª Carreira (CADETE ATA SUPERVETERANOS) 5.000 m. (HOMOLOGADA) e na 2ª Carreira (XUNIOR ATA SUPERVETERANOS) 10.000 m. (HOMOLOGADA) os atletas deberán aboar as seguintes cantidades:

- 6 €/participante  ( 15/09/2017 - 15/10/2017)
- 7 €/participante  ( 16/10/2017 - 31/10/2017)
- 10 €/participante ( 01/11/2017 - 10/11/2017)

Esta proba pertence o calendario oficial da RFEA e mediante a súa inscrición, o corredor consinte expresamente que  os seus datos básicos (Nome, Apelidos, NIF/NIE/Pasaporte, Data de nacemento, Sexo e Codigo Postal de residencia), serán enviados á RFEA para a xestión das licencias de día, resultados e ranking. A posesión da licencia garantiza que o corredor participa cuberto por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

En todo caso, e tal como establece a lei de protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito o correo electrónico ó programa Carnet Corredor da Real Federación Española de Atletismo. Avda. de Valladolid, 81 - 28008 Madrid. E-mail: rfea@rfea.es

ARTIGO 3.- DORSAIS
Todos os participantes deberán ter dorsal e chip, que o teñen que recoller no Patio do C.E.I.P. O Coto (na liña de saída) dende as 8:30 h. ás 10:15 h. ó día da Carreira.

Tamén se poderán recoller os dorsais o sábado 11 de novembro nas seguintes tendas de Deportes de Negreira:
1.- Garsport: (dorsais carreira absoluta)
para ver a dirección PINCHA AQUÍ
2.-Deportes Breogán: (dorsais carreiras escolares)
para ver a dirección PINCHA AQUÍ

Os dorsais e o chip son personais e intrasferibles, debendo ir colocado o dorsal no peito sen manipular nin doblar e o chip suxeito nas zapatillas. Os xuices da proba e a organización reservaranse a facultade de descalificar o infractor que, comprobada calquera irregularidade por algún corredor, non leve visible o seu dorsal, o manipule e/ou o ceda a outro, altere os datos facilitados á organización ou ó xuiz árbitro con respecto os que figuren no seu D.N.I. ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, non facilite á Organización a documentación que se lle requira, ou incumpla calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA ou IAAF.
Será obrigatorio por parte dos federados competir coa indumentaria do seu correspondente clube, puidendo ser sancionados en caso contrario.

A decisión sobre a posible descalificación do atleta, será adoptada polo Colexio Oficial de xuices e cronometradores da F.G.A. polas circunstancias antes mencionadas e dita decisión será irrecurrible. Todas as reclamacións deberán facerse por escrito dirixidas á F.G.A. 

ARTIGO 4.- CATEGORÍAS 


Chupete  F/M – Nados/as en 2014 e posteriores
Prebenxamín F/M – Nados /as en 2013,2012 e 2011
SUB 10 - Benxamín F/M - Nadas/os en 2009 e 2010
SUB 12 - Alevín F/M - Nadas/os en 2007 e 2008
SUB 14 - Infantil F/M - Nadas/os en 2005 e 2006
SUB 16 - Cadete F/M - Nadas/os en 2003 e 2004
SUB 18 - Xuvenil F/M - Nadas/os en 2001 e 2002
SUB 20 - Xunior F/M - Nadas/os en 1999 e 2000
SUB 23 - Promesa F/M - Nadas/os en 1996, 1997 e 1998
Senior F/M - Nadas/os en 1995 e anteriores
Veteranos/as  M35 – F35 -  35  cumplidos o dia da proba hasta 39 anos o dia da proba
Veteranos/as  M40 – F40 -  40  cumplidos o dia da proba hasta 44 anos o dia da proba
Veteranos/as  M45 – F45 -  45  cumplidos o dia da proba hasta 49 anos o dia da proba
Veteranos/as  M50 – F50 -  50  cumplidos o dia da proba hasta 54 anos o dia da proba
Superveteranos/as – ter  55 anos cumplidos o dia da proba e posteriores.

ARTIGO 5.- PREMIOS EN METÁLICO 
Os atletas que obteñan algún premio en metálico, deberán acreditarse co seu D.N.I. ou Pasaporte. (Mesma cantidade tanto homes como mulleres)


PREMIOS ABSOLUTA
1 - 900 €
2 - 550 €
3 - 300 €
4 - 200 €
5 - 100 €
6 - 75 €
7 – Trofeo


ATLETAS GALEGOS

1.- 100 € (home e muller)

Acumulable

ATLETAS LOCAIS

1 - 100 €
2 - 50 €
3 - 40 €
* Cada atleta só poderá optar a un premio, sempre o de maior cuantía

EQUIPOS FEDERADOS
 
1º - 400 Euros
2º - 200 Euros
3º - 100 Euros

 

CENTRO ESCOLAR CON MÁIS PARTICIPANTES
1.- 400 € (en material escolar*) 
*O material deberá ser mercado en establecementos de Negreira


ARTIGO 6.- TROFEOS E REGALOS 
- Na 2ª Carreira 
(XUNIOR-PROMESA-SENIOR-VETERANOS E SUPERVETERANOS):Haberá Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto en homes como en mulleres. Os 7 primeiros homes clasificados na xeral tamén obterán trofeos, así como as 7 primeiras mulleres na xeral.Todos os participantes obterán unha BOLSA DE CORREDOR*.
- Na 1ª Carreira (DENDE CADETES ATA SUPERVETERANOS): Haberá Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto en homes como en mulleres.Todos os participantes obterán unha BOLSA DE CORREDOR*
- Na 3ª Carreira  
(BENXAMÍN-ALEVÍN-INFANTIL): Todos os participantes recibirán unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.
- Na 4ª Carreira  (PREBENXAMÍN): Todos os participantes recibirán unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.
- Na 5ª Carreira  (CHUPETES): Todos os participantes recibirán unha medaia e unha BOLSA DE CORREDOR*.

*BOLSA DE CORREDOR: Composta por Bolsa de Polyester, Camiseta Técnica, Pastel, Zumo e Bebida


ARTIGO 7.- PREMIOS ESPECIAIS 
Haberá un premio para o corredor de Maior idade, participante na 2ª Carreira, que chegue a meta dentro do tempo límite (home e muller)

ARTIGO 8.- SISTEMA DE PUNTUACIÓN E CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS 

Na clasificación por equipos puntuarán os 10 primeiros de cada equipo, dándolle 1 punto o 1º, 2 puntos o 2ª, etc….., o equipo que menos puntos teña será o vencedor.O empate resolverase según o disposto no regulamento da IAFA.Para poder optar ó premio os equipos federados, no momento da inscrición, deberase presentar o certificado da federación, acreditando os membros do equipo. 



ARTIGO 9.- Todos os corredores/as polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e ou internet. Mediante a sua inscrición, o corredor consinte expresamente que os seus datos sexan utilizados pola organización (RFEA e Concello de Negreira) para comunicacións sobre as suas actividades. En todo caso, e tal e como establece a Lei de Protección de Datos, o interesado/a pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ao Departamento de Deportes do Concello de Negreira, Rúa san Mauro, 11 s/n. 15830 Negreira; culturadeportes@concellodenegreira, ou ben a RFEA.

ARTIGO 10.- CLASIFICACIÓNS E FOTOGRAFIAS 
As clasificacións e fotografías, publicaranse en diferentes medios de comunicación da provincia así como en revistas especializadas e páxinas de Internet como:
http://www.concellodenegreira.es/
http://www.correrengalicia.org/
http://www.atletismogalego.org/
http://www.carreraspopulares.com/
http://difusionprosport.com/


ARTIGO 11.- ENTREGA DE TROFEOS 
Unha vez rematada a 5ª carreira, a entrega de premios será no C.E.I.P. O Coto (nas proximidades da liña de meta), en torno as 13:30 h.

ARTIGO 12.- RECLAMACIÓNS 
As posibles reclamacións serán presentadas ante o Comité de Competición, quen resolverá con arranxo ó regulamento citado anteriormente.



ARTIGO 13.- DESCALIFICACIÓNS 
- Por deterioro físico do atleta.
- Por abandono do circuito delimitado para a proba.
- Por non levar o dorsal ou chip perfectamente colocado en toda a sua extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a entrada na Meta.
- Por participar con un dorsal ou chip que corresponda a outro corredor, por participar con máis dun dorsal ou chip.
- Por realizar a inscrición con datos alterados.
- Por no atender as indicaciones da Organización ou xuices.
- Por entrar fora da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.

  
ARTIGO 14.- CLÁUSULAS ADICIONAIS 
Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes.

Segunda: Ningún atleta federado poderá competir con outro Clube que non sexa o que figure na súa licencia correspondente. En caso de que se producira esta situación, o atleta será descalificado automáticamente.

Terceira: A organización do Circuito declina toda a responsabilidade dos danos que os atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presentes Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.

COMITÉ ORGANIZADOR: Concello de Negreira
COMITÉ DE COMPETICIÓN: Real Federación Española de Atletismo e Federación Galega de Atletismo.