martes, 14 de noviembre de 2017


O kenyano Mwetich Silas, de 20 anos de idade, logrou facer historia cun extraordinario crono de 28.59 nos 10.000 metros máis esixentes do panorama galego. Ninguén baixara nunca dos 29 minutos, pero é que o nivel da clásica de Negreira supera a todas as populares de Galicia. O corredor do Atletismo Calatayud, con caída incluída, sacoulle cinco segundos no sprint da liña de meta a Jaouad Chemlal, marroquí do Praias de Castelló, que partía como gran favorito. O terceiro foi Jaouad Tougane.
Na categoría feminina, a gañadora foi a kenyana Koima Joyline, que ocupou o posto 26 da xeral con 35.26. Pertence ao Atletismo Calatayud. Segunda foi a súa compañeira Koririr Caroline, cun tempo de 35.34, no posto 28. Terceira foi Busienei Lilian.

En canto á novidade desta edición, coa carreira dos 5.000 metros, a primeira en disputarse, o vencedor foi o santiagués Arturo Ramos, que dominou de principio a fin.