martes, 11 de noviembre de 2014

Yusuf Kibet e María Jesús Gestido gañadores en Negreira

Yusuf Kibet Biwot en homes e Maria Jesús Gestido en mulleres foron os vencedores na 35ª edición da Carreira Popular de Negreira, nunha carreira marcada pola alta participación e bo ambiente nas rúas da capital de Barcala. O corredor africano no encontrou rival entre os participantes, e só o atleta de Arzúa Lolo Penas e o grupo de Marroquis encabezado por Hassan Lekhili e Jaouard Tougane, aguantaron ata o kilómetro 5 ó Keniata. Finalmente Kibet marcou un crono de 30 min. 15 seg., seguido de Lolo Penas, Tougane, Lekhili e Younes Aith Hadi. Completaría o podium de honrra Iván Cánovas e o gran atleta local Luis Calvo. En mulleres María Jesús Gestido gañou con comodidade, seguida de Raquel Suárez e Mela Penas. O final casi 600 corredores chegaron á meta nunha dura proba que outro ano máis, sigue sendo unha das máis importantes do calendario Galego. O tempo acompañou e a xente outro ano máis levou en bolandas a todos os atletas, que un ano máis disfrutaron da gran festa do deporte en Negreira. 

En canto as outras Carreiras na primeira Proba de categorías BENXAMÍN-ALEVIN sobre unha distancia de 1.000 m.o atleta do Clube Millaraio Ephrem Canal e Susana Amor do Clube atletismo Sada gañaron con solvencia dita proba. 

Na segunda Carreira INFANTIL-CADETE-XUVENIL, nunha distancia de 4.500 m. Pablo Monteagudo e Lucia Suárez do clube atletismo Noia, foron os vencedores absolutos. Dende o concello de Negreira agradecemos a asistencia de todos os atletas nesta edición e contamos con todos para vindeiros anos.

RESULTADOS CARREIRA ABSOLUTA: 

HOMES: 
1.- Yusuf Kibet Biwot (Independiente) 30:15 
2.- Lolo Penas (New Balance) 31:00 
3.- Jaouad Tougane (H. Guadalajara) 31:02 
4.- Hassan Lehkili (Ourerunning) 31:03 
5.- Youness Ait Hadi (A.D. Marathon) 31:53 
6.- Ivan Canovas (A.D. Marathon) 32:16 
7.- Luis Calvo (Negreira) 33:14 

MULLERES: 
1.- Maria J. Gestido (Vila de Cangas) 37:34 
2.- Raquel Suarez (Ria de Ferrol) 37:53 
3.- Mela Penas (Arzúa) 40:06 
4.- Rocio Alvite (Mazaricos) 40:13 
5.- Marinela Mayo (C.A.Sar) 42:23 
6.- Guadalupe Lodeiro (C.A.Sar) 43:43 
7.- María Mareque (Santiago) 44:53