lunes, 11 de noviembre de 2013

Lolo Penas e Clarisse Cruz gañadores da Carreira Popular de Negreira

Lolo Penas cun tempo de 32:04 e Clarisse Cruz con 36:01 impuséronse na XXXIV CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA, nunha xornada marcada pola gran afluencia de corredores e público durante o percorrido das tres probas.
O atleta de Arzúa gañou o atleta marroquí afincando e Madrid Jaouad Tougan nun accidentado sprint final xa que en lugar de entrar polo embudo de meta, entraron polo exterior e tiveron que volver a entrar no embudo para poder pisar a alfombra de meta.
O atleta galego volvía a gañar a proba de Negreira o igual que nos anos 2005 e 2006. 
Completaron o podium o corredor de Porto do Son Miguel Mayán, Hugo Pinto, Rubén Caamaño, Santiago López e Ramón Serantes.
En canto as mulleres, a Portuguesa olímpica Clarisse Cruz do clube Sporting de Lisboa gañoulle a partida a súa compatriota Patricia Mendes, completando o podium Paula Mayobre, Luisa Gonzalez, Raquel Suárez, Zuriñe Rodríguez e Esther Pedrosa.

En total preto de 600 corredores puideron chegar a meta na gran festa do atletismo Negreirés.