martes, 14 de noviembre de 2017


O kenyano Mwetich Silas, de 20 anos de idade, logrou facer historia cun extraordinario crono de 28.59 nos 10.000 metros máis esixentes do panorama galego. Ninguén baixara nunca dos 29 minutos, pero é que o nivel da clásica de Negreira supera a todas as populares de Galicia. O corredor do Atletismo Calatayud, con caída incluída, sacoulle cinco segundos no sprint da liña de meta a Jaouad Chemlal, marroquí do Praias de Castelló, que partía como gran favorito. O terceiro foi Jaouad Tougane.
Na categoría feminina, a gañadora foi a kenyana Koima Joyline, que ocupou o posto 26 da xeral con 35.26. Pertence ao Atletismo Calatayud. Segunda foi a súa compañeira Koririr Caroline, cun tempo de 35.34, no posto 28. Terceira foi Busienei Lilian.

En canto á novidade desta edición, coa carreira dos 5.000 metros, a primeira en disputarse, o vencedor foi o santiagués Arturo Ramos, que dominou de principio a fin.

lunes, 10 de octubre de 2016

Aberto o prazo de inscrición da Carreira de Negreira

Dende o xoves 15 de setembro, día da apertura da Carreira Popular de Negreira, ábrese o prazo de inscrición desta importante proba deportiva, unha edición na que volve a estar entre as mellores de Galicia.

Este ano mantense os cambios en canto os percorridos, sendo a principal de 10 Kilómetros, con menos costas e cun circuito máis rápido.

Esta edición promete un fantástico espectáculo do atletismo galego e español, contando cos mellores corredores do panorama nacional e internacional.

O Concello de Negreira fixo un esforzo para manter os premios en metálico, e pretende aumentar a participación escolar con una forte aposta polas probas dos máis pequenos. Por cuarto ano a proba está incluida no " Circuito de Carreiras Populares da Deputación de A Coruña".

Esperamos contar con todos vos nesta gran Festa do Pedestrismo.






lunes, 9 de noviembre de 2015

Dominio africano en Negreira



09/11/2015. Os corredores de orixe africano volveron ser os grandes dominadores da 36ª Carreira Popular de Negreira, cuns tempos estratosféricos ante o que nada pudieron facer os atletas autóctonos como o ourensán Alejandro Fernández, ca xunto a Hassan Lekhili, corredor marroquí afincado en Ourense, foron sexto e quinto, respeitivamente, entrando no mesmo tempo con 31:04, a máis de dous minutos do gran vencedor, o keniata Miche Bett, un promesa cun rexistro final de 29 minutos en cubrir os 10.000 metros do novo circuito da Popular de Negreira.
Segundo foi Jaouad Tougane, senior do Club Atletismo Castellón, e que entrou a 27 segundos do gañador, despois de que ambos liderasen a proba xuntos ata a metade do percorrido, onde Bett foise en solitario para cómodamente repetir outra volta máis. O terceiro foi outro africano, Abdelhadi Elmouaziz, de Nerja, da categoría de veteranos de máis de 35 anos.
Cuarto foi Youness Ait Hadi, chegado dende Madrid, que entrou a 1 minutos e 26 segundos do gañador e, tras Hassan Lekhili e Alejandro Fernández, sétimo foi o portugués Nuno Filipe Ribeiro, do Club Deportivo San Paio, de Amarante, con 31:52. O sonense Rubén Caamaño, do Atletismo Sar foi oitavo con 32.49 seguido do primeiro atleta de Negreira, Luis Calvo Castro, noveno, que fixo 33:03. Youssef Kouaou foi décimo terceiro con 34:06 e Jorge Crespo na súa preparación para a 35º Maratón de Valencia, este domingo, entrou no posto trinta e oito, cun tempo de 36:17.
En mulleres, a loita foi espectacular entre a keniata Vitalyne Jemaiyo Kibii (34:15), primeira feminina, e a portuguesa Claudia Pereira, segunda, que foron  15ª e 16ª, respeitivamente na xeral absoluta. Terceira foi a venezolana Joselyn Daniely Brea, da Ximnástica de Pontevedra, con 35:25. Cuarta foi Tewabech Yemenu, de Etiopia, e na quinta posición, a olímpica portuguesa, Clarisse Cruz con 36:31.
Na clasificación por equipos, o Atletismo Sar non tivo rival, situando a seis dos seus atletas entgre os trinta mellores. En total fixo 271 puntos, seguido do Club Atletismo Arenteiro (524 puntos), e terceiro foi Milladoiro, con 802 puntos. Santiago, Noitebra, Sada, Boimorto e Millarraio, compretaron a clasificación final por equipos.

Na 2ª Carreira (Infantís - Cadetes e Xuvenís), na categoría xuvenil o noiés Pablo Monteagudo acadou o triunfo, xunto co seu compañeiro Adrián Vázquez Calo. Terceiro foi Carlos Valiña Lista. En mulleres, gañou Lucia Suárez Crespo, de A Baña, seguida de Claudia Blanco Olivares e Paula Calvín Uriz. En locais masculino: Azziz Saidi Belhaj; Mohamed Habti e Simón Cascallar. En locais feminino: Laura Barbosa Faro; Corinne Alsina Forján e Dalia González Salas.

En Cadetes. Javier Rodríguez, Samuel Barral e Xesús Martiño Iglesias, en masculino. En feminino foron: Antía González Vilas, Mariña Monteagudo e Daniela Eiras León. En locais masculino: Javier López Torreiro; Raúl García Gerpe e Álex Parajó Caamaño. En feminina: Violeta Pérez Barbazán; Reyes Freire Gil e Sata Nieto Ferreiro.

En Infantís. Daniel Mato González, Pablo Díaz Oíza e Antonio Luaces Paz, foron os tres primeiros masculinos. En categoría feminina: Deki Mato Gómez; Irea Ferreiro López e Natalia Alonso Arufe, coparon o pódium. En locais masculino: Fabián Alvite Martínez; Diego Viqueira Barca e Iván Moya Rey. En feminino: Alba Cuns Iglesias; Inés Túñez Ferrín e Sabha Saidi Belhaj.



martes, 3 de noviembre de 2015



RECORDAMOS OS LUGARES HABILITADOS PARA A RECOLLIDA DE DORSAIS DA CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA:

SÁBADO 07/11/2015       17:00 H. A 20:00 H.

DORSAIS ADULTOS:  (XUNIOR, SENIOR, VETERANO, SUPERVETERANO) 


DEPORTES GARSPORT
R/ CACHURRA, Nº 10 - BAIXO
WEB: 



DORSAIS NENOS: (CHUPETE, PREBENXAMIN, BENXAMIN, ALEVIN, INFANTIL, CADETE, XUVENIL)

DEPORTES BREOGAN
R/ AVDA. BRAÑAS, Nº 8
WEB:


DOMINGO 08/11/2015 :   DÍA DA PROBA

* 8:00 H. A 10:00 H. (CARREIRA ADULTOS)

* ATA 1/2 HORA ANTES DAS SAÍDAS (ESCOLARES)                                          

martes, 11 de noviembre de 2014

Yusuf Kibet e María Jesús Gestido gañadores en Negreira

Yusuf Kibet Biwot en homes e Maria Jesús Gestido en mulleres foron os vencedores na 35ª edición da Carreira Popular de Negreira, nunha carreira marcada pola alta participación e bo ambiente nas rúas da capital de Barcala. O corredor africano no encontrou rival entre os participantes, e só o atleta de Arzúa Lolo Penas e o grupo de Marroquis encabezado por Hassan Lekhili e Jaouard Tougane, aguantaron ata o kilómetro 5 ó Keniata. Finalmente Kibet marcou un crono de 30 min. 15 seg., seguido de Lolo Penas, Tougane, Lekhili e Younes Aith Hadi. Completaría o podium de honrra Iván Cánovas e o gran atleta local Luis Calvo. En mulleres María Jesús Gestido gañou con comodidade, seguida de Raquel Suárez e Mela Penas. O final casi 600 corredores chegaron á meta nunha dura proba que outro ano máis, sigue sendo unha das máis importantes do calendario Galego. O tempo acompañou e a xente outro ano máis levou en bolandas a todos os atletas, que un ano máis disfrutaron da gran festa do deporte en Negreira. 

En canto as outras Carreiras na primeira Proba de categorías BENXAMÍN-ALEVIN sobre unha distancia de 1.000 m.o atleta do Clube Millaraio Ephrem Canal e Susana Amor do Clube atletismo Sada gañaron con solvencia dita proba. 

Na segunda Carreira INFANTIL-CADETE-XUVENIL, nunha distancia de 4.500 m. Pablo Monteagudo e Lucia Suárez do clube atletismo Noia, foron os vencedores absolutos. Dende o concello de Negreira agradecemos a asistencia de todos os atletas nesta edición e contamos con todos para vindeiros anos.

RESULTADOS CARREIRA ABSOLUTA: 

HOMES: 
1.- Yusuf Kibet Biwot (Independiente) 30:15 
2.- Lolo Penas (New Balance) 31:00 
3.- Jaouad Tougane (H. Guadalajara) 31:02 
4.- Hassan Lehkili (Ourerunning) 31:03 
5.- Youness Ait Hadi (A.D. Marathon) 31:53 
6.- Ivan Canovas (A.D. Marathon) 32:16 
7.- Luis Calvo (Negreira) 33:14 

MULLERES: 
1.- Maria J. Gestido (Vila de Cangas) 37:34 
2.- Raquel Suarez (Ria de Ferrol) 37:53 
3.- Mela Penas (Arzúa) 40:06 
4.- Rocio Alvite (Mazaricos) 40:13 
5.- Marinela Mayo (C.A.Sar) 42:23 
6.- Guadalupe Lodeiro (C.A.Sar) 43:43 
7.- María Mareque (Santiago) 44:53